cafe ouff

Outubro de premios e encontros nos festivais galegos

A curtametraxe Einstein-Rosen, dirixida pola nosa compañeira Olga Osorio convertiuse nunha das grandes protagonistas da pasada fin de semana ó colleitar 5 premios: Mellor curtametraxe galega no Curtas Film Fest de Vilagarcía, Premio do Xurado e Premio do público no Freakemacine da Coruña, e Mención especial do xurado e premio ós mellores actores na Mostra de curtas de Noia.

premios einstein-rosenA Mostra de curtas de Noia serviu ademáis como escenario dun novo Vermú con CREA no cal, compañeirxs e asistentes conversaron sobre “A curtametraxe como trampolín”.

Captura de pantalla 2016-11-02 a las 10.29.56Outro dos compañeiros que está de noraboa é Nani Matos e a súa curtametraxe Lurna. Nani Matos ven de acadar o Premio ó mellor director galego no Curtas Film Fest de Vilagarcía. Ademáis, Lurna ven de ser seleccionada polos festivais Ikuska, Mostra Internacional de Cortometrajes de Pasaia, FICVI, Festival Internacional de Cortometrajes de Vila-Seca, e Festival Internacional de Cine de León en Mexico.

Captura de pantalla 2016-11-02 a las 10.47.20

Finalmente o OUFF serviu de punto de encontro para un novo Café con CREA. Ademáis das proxeccións de obras de compañeirxs como Ángeles Huerta, Héctor Carré ou Javi Camino que amosaron WiP dos seus últimos traballos, a cita ourensana serviunos para debater sobre a “Primeira vez”, como é ese momento no cal xs cineastas nos poñemos por primeira vez detrás das cámaras.

Compartir