Os venres con CREA
Achégase a fin de semana e con el as ganas de relaxarse, divertirse, e por suposto ver películas. Desde CREA propoñémosvos un pequeno programa mediante o cal poderedes descubrir como é o traballo das nosas socias e socios a través de trailers, spots, videoclips, curtametraxes ou das bobinas promocionais de autoras e autores. Agardamos que vos guste o noso primeiro programa.
Comezamos con publi. O noso compañeiro Jairo Aldana dirixe o spot de protección do patrimonio da Deputación da Coruña.
Continuamos cun trailer. A nosa compañeira Manane Rodríguez está a piques de estrear o seu novo filme “Migas de pan”. Aquí vos deixamos o seu primeiro trailer.
E que tal un pouco de música. O noso compañeiro Gutier Rolán dirixe o videoclip “Maruja da cansela” de Tonhito de Poi.
E rematamos cunha curtametraxe, “Auga” do noso compañeiro Ozo.