DSC_0528

Os nosos socios Fernando Cortizo e Marcos Nine premiados no 12 Bragacine

A 12 edición do Bragacine que se celebrou os pasados días 8, 9 e 10 de outubro e que está organizado pola Universidade de Minho contou nesta edición número 12 cunha ampla representación de CREA entre os seus premiados.
No apartado de longametraxes, o noso socio Fernando Cortizo acadou o Premio ao Melhor Argumento polo Guión do seu filme “O Apóstolo”. A fita gañadora da sección de longametraxes foi o filme portugués “O Consul de Bordeus” dirixido por Francisco Manso que acadou dous Premios Augusta, o Premio á Melhor longametragem e o Premio ó Melhor Actor do certame que recaeu en mans de Vítor Norte.
No apartado de curtametraxes tamén atopamos presenza de CREA xa que o Premio á Melhor Curtametragem do certame foi a parar a mans do noso socios Marcos Nine polo seu traballo “Radiografía dun autor de tebeos”. O palmarés completouse co premio á Melhor Curtametragem Portuguesa que se otorgou á curtametraxe “Jigsaw”.
A maiores, o festival luso decidiu otorgar diversos premios honoríficos entre os cáis un foi a parar á actriz galega Uxía Blanco, así como ó realizador John Hough, un mito do cinema da Hammer responsable de títulos como “The Triumphs of a Man Called Horse” de 1982 que tamén puido verse no certame.

 

 

Compartir