Captura de pantalla 2016-09-16 a las 12.29.18

“Os días afogados” estréase en salas comerciais

Hoxe venres 16 de setembro é a data escollida para a estrea en salas comerciais da longametraxe documental “Os días afogados”, dirixida por César Souto e o noso compañeiro Luís Avilés.

dias afogados 1

O filme conta a historia das aldeas ourensanas de Aceredo e Buscalque as cáis foron anegadas tras a construcción do encoro de Lindoso en Portugal. Ante a desesperación por non poder impedir o que estaba acontecento, os veciños das aldeas colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar.

Captura de pantalla 2016-09-16 a las 12.22.32

 

O filme poderá verse a partires de hoxe en:

  • Santiago de Compostela. Cinema NUMAX. Estrea o 16 de setembro, cun pase especial ás 22h coa presenza do equipo do filme. Antes, ás 20h, la libraría de NUMAX, presentaremos o poemario “Auga a través” de Dores Tembrás, moi relacionado co filme. A película estará en cartel durante toda a semana, consultade os horarios na web de NUMAX.
  • Vigo. Multicines Norte. Estrea o 16 de setembro. Estará en cartel todos os días, na sesión das 20:10. No pase do martes 20 haberá unha presentación especial co equipo da película.
  • Ferrol. Cine Dúplex. Estrea o 16 de setembro. Estará en cartel todos os días ata o 22, en pases ás 20:15 e ás 22:30. Haberá un pase especial coa presenza do equipo da película o sábado 17 ás 22:30.
  • A Coruña. Centro Galego das Artes da Imaxe. Proxección especial dos Mestre Mateo organizada pola Academia Galega do Audiovisual. Será ás 18h, e tamén se presentará o poemario “Auga a través” de Dores Tembrás.
  • Seixo (Marín). Cine Seixo. Proxección especial o 24 de setembro, coa presenza dos directores. 20:30h.
  • Cangas do Morrazo. Auditorio Municipal. Proxección organizada polo Cineclub de Cangas Xiria. Coa presenza dos directores. 21h.
Compartir