Captura de pantalla 2016-09-19 a las 11.49.49

Olga Osorio: “Fago ciencia-ficción por militancia, case non hai mulleres facendo xénero”

Tras a súa participación o pasado ano con “reStart”, a nosa compañeira Olga Osorio volverá a vindeira 49 edición do Festival de Sitges coa súa curtametraxe “Einstein-Rosen”, un dos 28 traballos que competirán entre o 7 e o 16 de outubro na Oficial Fantàstic.

-Como definirías Einstein-Rosen? Olga Osorio: Einstein-Rosen é unha curta sobre a infancia e a relación entre irmáns, sobre facerse maior e sobre a fantasía e a capacidade de soñar que temos de nenos e que se cadra non perdemos de todo ao facernos grandes. Oficialmente, é unha comedia de ciencia-ficción de nove minutos de duración.

making einsten-rosen
-A curta está ambientada na Coruña do ano 82 onde 2 nenos parecen ter atopado un buraco de verme, como xurdíu esta idea?
Os protagonistas da curta son os meus fillos, Óscar e Teo, e a idea xurde a partir das súas conversas sobre os buracos de verme a raíz da miña curta anterior, reStart, tan presente nas conversacións familiares dado que tanto eu como a miña parella, Juan Galiñanes, estabamos involucrados na produción da curta ao longo de todo o proceso. Os nenos escoitaban o que falabamos e facían a súa propia interprertación. O guion está inspirado nesas conversacións e nas súas personalidades pero é tamén unha mirada nostálxica a miña propia infancia, xa que os levei aos anos 80: ao meu xeito eu tamén teño un burato de verme, que é o cine.

prensa einsten-rosen
-E na competición se Sitges será vostede a única directora española na sección oficial, considérase unha directora de cinema fantástico? 
Máis que fantástico o meu é a ciencia ficción, porque o certo é que como consumidora a ciencia ficción gústame moítisimo e o fantástico moitísimo menos, en realidade casi nada. Pero bueno, a nivel de festivais vai todo no mesmo saco.  A min gústame todo tipo de cine e non descarto facer outras cousas pero si é certo que o de meterme a facer ciencia ficción foi unha decisión consciente e casi militante, case non hai directoras facendo xénero, que creo que temos unha tradición literaria en Galicia de tal peso que o cine non pode deixala de lado e, por ultimo, que eu veño da fotografía e teño moito peso visual e nese aspecto o cine de xénero da máis xogo xa de partida.

Captura de pantalla 2016-09-19 a las 11.58.32

Sitges está considerado como o Festival de cinema fantástico máis importante do mundo, que significa para vostede estrear en Sitges?
Todo. Para min, unha vez metida no fantástico, Sitges era o meu El Dorado, a miña máxima aspiración. Chegar con reStart foi increíble, repetir con Einstein-Rosen… vaia, non teño palabras. E hai que pensar que Einstein-Rosen é unha curta moi pequena, feita con menos de 2000 euros e a boa vontade dun montón de amigos, e que entra a competir con curtas feitas con moitísima pasta… E xa sei por experiencia, despois de reStart, que a mirada do cinema de xénero mundial está posta en Sitges, así que é un gran escaparate e todo un orgullo estar aí.

Captura de pantalla 2016-09-19 a las 11.58.52

En Einstein-Rosen, os seus fillos comparten cartel con actores experimentados como Xulio Abonjo ou Ricardo de Barreiro, houbo algunha anécdota que nos queiras contar?
Pois houbo moitas pero unha que me fai moita gracia e que me parece reveladora do que che falaba da convivencia entre a fantasía e a realidade na infancia e a seguinte: na curta hai unha tartaruga e conseguimos unha tartaruga de terra grandísima. O meu fillo Teo, o pequeno, que levaba varios meses ensaiado o guion e xa sabía da tartaruga, cando a viu quedou todo impresionado. “¿Unha tartaruga de verdade?”, preguntou. E cando lle dixen que claro, que que pensaba que ía ser, me dixo: “un señor disfrazado”. Pareceume moi bonito e moi naif. Foi unha rodaxe preciosa e foi chulísimo traballar cos nenos, e chupado facelo con Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro, que son uns crack.

Compartir