David Fic Verin

Olga Osorio e David Vázquez premiados na I edición do FIC Verín

O FIC de Verín ven de premiar os traballos de varixs dxs nosxs compañeirxs. Nesta I edición, a cita ourensá recibiu un total de 650 obras audiovisuais e o xurado estivo composto polo noso socio Jorge Coira, Ledicia Sola (actriz ourensana), Sandra Pinho (presidenta do cineclube de Chaves) e Emilia Somoza (concelleira de cultura de Verín).

A curtametraxe “ReStart” da nosa socia Olga Osorio fíxose con 2 galardóns no certame, o premio á Mellor actriz pola interpretación de Marta Larralde, e o Premio Fronteira.

Pola súa banda, o documental dirixido polo noso compañeiro David Vázquez vén de gañar no FIC de Verín na categoría de Entroido co seu corto documental O MOREDO “A resistencia do Entroido Ribeirao.  A curto documental é un paseo polo pasado, presente e futuro do Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebraba en moitas parroquias da Ribeira Sacra en Chantada (Lugo) e que sobreviviu á censura da igrexa na época franquista e que agora resiste só no Moredo (Parroquia de San ago de Arriba) ó despoboamento rural, grazas ó traballo que fai a Asociación Amigos do Entroido Ribeirao. Un traballo feito por Airoá Comunicación cá colaboración de pinancho audiovisuais e televinte chantada. Realizado e dirixido por David Vázquez sendo co guionista Lorena Gallardo.

Igualmente, David Vázquez está dobremente de actualidade xa que a súa curta “As almas do Fental”,  ven de gañar o premio ó mellor actor, Fernando Morán, no Budafest 2016 en Budapest. Premio que se entrega esta semana en Milán.

Compartir