O Liceo Mutante presenta a II Edición das Curtas Mutantes

Os venres  30 de xaneiro e 6 de febreiro celebrarase no Liceo Mutante de Pontevedra a II edición do Curtas Mutantes, unha mostra de curtametraxes abscrita ó xénero fantástico, sci-fi e terror no que terán cabida filmes nacionáis e internacionais sen perder de vista as producións realizadas en Galicia.  A mostra está organizada por Sebastián Penas e polo noso socio Samuel Lema, e con ela o Liceo Mutante, na súa labor difusora da cultura “underground”,  pretende dar a coñecer entre o público pontevedrés e galego producións de xénero que veñen de presentarse en festivais punteiros como Cannes, Sitges, o Fantastic Fest de Austin ou o Toronto After Dark. O programa está formado por dúas sesións de 1 hora e 20 minutos de duración que poderán verse de balde os venres 30 xaneiro e 6 de febreiro ás 20.30h. O público asistente terá a oportunidade de votar polo seu filme favorito o cal recibirá como premio unha escultura realizada polo artista Berto Fojo. Ademáis do premio ó mellor filme concederánse distintas mencións especiais ó mellor guión, mellor dirección artística, mellor fotografía e mellor actuación, todos eles concedidos polo público. Entre os 10 filmes que participarán no Curtas Mutantes atopamos 2 dirixidos por socios de CREA. “Koan” dirixido polos nosos socios Omar Rabuñal e Daniel Viqueira que entre outros galardóns acadaron o Percebe Mutante na pasada edición do Freakemacine, así como o Premio CREA á mellor dirección na pasada edición do Festival de Cans. “La carne cruda” dirixida por Samuel Lema, filme cun amplo percorrido por festivais e que entre outros galardóns, resultou premiado na I Edición do Fancine de Lemos.

Programación do Curtas Mutantes

“DEATH OF A SHADOW” (BEL, 2012, 19′) dirixida por Tom Van Avermaet. Foi nomeada aos Oscar ’12, ademais de acadar o Meliés de Prata no Festival de Leeds (LIFF) e o premio á mellor curta nos European Film Awards ’13 (EFA).
Sinopse: O soldado defunto Rijckx colecciona as sombras dos moribundos para poder pagarse unha segunda oportunidade e poder voltar á vida.

Death of a Shadow

Death of a Shadow

“AUTUMN HARVEST” (Noruega, 2014, 17′) co-escrita e dirixida por Fredrik S. Hana. Gañadora, entre outros moitos premios e seleccións, do Meliés de Prata no Festival de Sitges.
Sinopse: Un mariñeiro desacougado contesta a unha chamada misteriosa do mar.

Autumn Harvest

Autumn Harvest

“THE STOMACH” (EEUU, 2014, 15′) dirixida por Ben Steiner. Esta película acadou o Melies de Prata no Abertoir Horror Festival e o premio á mellor curta no Fantastic Fest ’14 de Austin.
Sinopse: Metade body-horror, metade conto de pantasmas, “The Stomach” é un relato único con forma de thriller sobrenatural.

Stomach

Stomach

“KOAN” (GAL, 2013, 15′) peli galega dirixida por Omar Rabuñal e Dani Viqueira, gañadora do Premio CREA á dirección no Festival de Cans 14 e premio do público no Freakemacine 2014.
Sinopse: Un home toma a xustiza pola man para vingar a morte da súa irmá.

Koan

Koan

“UNHA HISTORIA PARA OS MODLIN” (ESP, 2012, 25′) co-escrita e dirixida por Sergio Oksman. Gañadora do Goya 2013 á mellor curta documental e mellor curta nacional no Curtocircuito 2013. Seleccionada en Sundance.
Sinopse: Despois de aparecer no filme “Rosemary’s baby” de Roman Polansky, Elmer Modlin fuxe coa súa familia a un país lonxano onde se pechan nun apartamento escuro por máis de 30 anos.

Unha historia para os Modlins

Unha historia para os Modlins

“SAFARI” (ESP, 2014, 15′) dirixida por Gerardo Herrero ven de ser nominada á mellor curta de ficción nos Goya ’15. Foi seleccionada no Festival de Cannes ’14.
Sinopse: É un día normal nun instituto norteamericano, pero ese día non vai ser como os outros.

Safari

Safari

“DECAPODA SHOCK” (ESP, 2011, 9′) peli escrita e dirixida por Javier Chillón. Conta con case 300 seleccións en festivais, destacando o premio á mellor curta fantástica no Fantastic Fest 11′ de Austin e o Meliès de Prata no LIFF 11′ de Leeds.
Sinopse: Un astronauta regresa á Terra despois dun accidente fatal nun planeta lonxano

Decapoda Shock

Decapoda Shock

“MR DENTONN” (ESP, 2014, 9′) dirixida por Iván Villamel, foi seleccionada en máis dun centenar de festivais ( Sitges, Leeds, Fantafestival, Mórbido Film Fest, etc.) acadando numerosos premios.
Sinopse: Nunha fría noite de inverno, Laura léelle ó seu irmán David unha historia sobre unha estrana criatura que ataca ós nenos.

Mr. Dentonn

Mr. Dentonn

“TIN & TINA” (ESP, 2013, 12′) peli escrita e dirixida por Rubin Stein a cal acadou numerosas seleccións e premios en varios festivais, destacando o premio á mellor curta no Seville European Film Festival (SEFF 13).
Sinopse: Tin e Tina non están comendo o puré desta noite.

Tin & Tina

Tin & Tina

“LA CARNE CRUDA” (GAL, 2013, 18′) Dirixida por Samuel Lema. Mención especial Meliès de Prata, LIFF 13, Best Horror Short Film World Fest Houston 14, Sitges-Brigadoom 14.
Sinopse: Hansel ten un desexo, devorar un ser humano. Unha necesidade mortífera cando non queda máis carne que devorar.

La carne cruda

La carne cruda

“CÓLERA” (ESP, 2013, 7′) dirixida por Aritz Moreno (Sitges, ’13), e protagonizada por Luis Tosar.
Sinopse: Colera: Enfermidade aguda e infecciosa, a miudo epidemial e moi grave.

Colera

Colera

 

 

 

 

Compartir