Conecta Tic

O Conecta chega á Escola de Imaxe e Son de Lugo

O pasado sábado día 30, a Fundación TIC organizou xunto con CREA e AGAG (Asociación Galega de Guionistas) unha xornada de pitchings, na cal os alumnos da Escola de Imaxe e Son presentaban os seus proxectos a profesionais do sector.
11 directores: Sonia Méndez, Ozo, Samuel Lema, Xosé Antón Cascudo, Toño López, Omar Rabuñal, Jorge Saavedra, Chema Gagino, Jorge Coira, Belén Montero e Jairo Aldana; e 6 guionistas: Adolfo Ponte, Javier Trigales, Enrique Lojo, Xes Chapela, Marcos Estebo e Araceli Gonda; reuníronse cos alumnos da TIC en encontros de arredor de media hora, nos cáis puideron analizar polo miúdo os puntos máis destacables dos proxectos desenvolvidos polos alumnos.

Conecta Tic

24 proxectos que van desde spots publicitarios a festivais, pasando por documentais, curtametraxes e proxectos televisivos foron presentados ós nosos socios nunha actividade que pese a a ser concebida inicialmente como didáctica, enmarcada do convenio de colaboración entre CREA, AGAG e a Fundación TIC, rematou convertíndose nun novo Conecta, no cal profesionais e alumnos puideron establecer relacións e falar de proxectos. Así o valorou o Coordinador da actividade, o noso compañeiro Gaspar Broullón quen sinalou que o máis importante foi que que por riba da actividade formativa o que puidemos ver foi a creadores falando de por en marcha proxectos.

Conecta Tic

Así contaron a nova os alumnos da Fundación Tic

Compartir