Carballo Termomix

O Concello de Carballo promove o ensino do audiovisual a través do Carballo Interplay

O Concello de Carballo a través do Festival Carballo Interplay, que dirixe a nosa socia Sonia Méndez, acaba de facer pública a convocatoria para inscribirse nun total de 14 obradoiros sobre diferentes áreas do audiovisual que integran o Formacip.
Os cursos que serán impartidos por distintos profesionais do medio audiovisual, incluídos varios socios de CREA, iníciase con 4 obradoiros: “O Cine en primeira persoa” impartido polo cineasta Eloy Domínguez Serén, “Operador de Cámara HD” con Victor Rodríguez e Oscar Chamorro, “Iniciación á edición profesional” impartido polo noso socio Daniel Viqueira e “Introducción ó Son profesional” impartido polo noso socio Xoán Escudero. A matrícula de cada un dos obradoiros é de 20€ e pode formalizarse a inscripción a partires do seguinte link. Para calquera dúbida podedes escribir a formacion@carballointerplay.com

Ademáis destes 4 primeiros obradoiros, promoveranse 10 obradoiros máis nos que se tocarán aspectos como o guión, o traballo cos actores, a realización de curtametraxes ou o traballo co arquivo. Podedes consultar a oferta completa de obradoiros aquí.

Compartir