leon_y_olvido

O CGAI continúa coa súa programación homenaxe a CineGalicia

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) prosegue cos seus actos do 25 aniversario de CineGalicia, o evento que supuxo a estrea de “Sempre Xonxa”, “Urxa” e “Continetal”. É por esto que durante o pasado mes de novembro e o presente mes de decembro a programación do CGAI nutriuse de todo un catálogo de filmes que ilustran o que foi a evolución do cinema en Galicia. E como non podía ser doutro xeito, unha ampla selección de socios de CREA participan da efeméride coa proxección de varios dos seus filmes.

Hoxe 9 de decembro, é o turno de “Sei quen es” da nosa socia Patricia Ferreira que vira precedida da curtametraxe “Afonía” na sesión das 18h. Na sesión das 20.30h poderemos ver o filme “Belas durmentes” de Eloy Lozano e a curtametraxe “Batea”.

Mañá 10 de decembro poderemos ver na sesión das 18h. “Santa Libertade” dirixida por Margarita Ledo e “Cousas do Kulechov” de Susana Rei. Mentres que na sesión das 20.30h proxectarase “Trece Baladadas” do noso socio Xavier Villaverde e “A Subela” do noso socio Luís Avilés.

Xa na xornada do xoves a sesión das 18h estará formada por “JEDN” do noso compañeiro Marcos Nine e “Bs. As.” de Alberte Pagán. Ese mesmo día ás 20.30h “O lapis do carpinteiro” dirixida polo noso socio Antón Reixa e “O río ten mans” de Beatriz del Monte.

O venres será a quenda de “Olivia” da nosa socia Manane Rodríguez precedida de “O soldadiño de chumbo” de Tomás Conde e Virginia Curiá. E na sesión das 20.30h “León e Olvido” do noso socio Xavier Bermúdez e a curtametraxe “Amor Serrano”.

A programación semanal péchase o sábado ás 18h coa proxección de “De profundis” de Miguel Anxo Prado e “Minotauromaquia” de Juan Pablo Etcheverry.

 

Compartir