JorgeAlgorayFedericoLuppi_web

O CGAI adica a un ciclo ós traballos finalistas dos Premios Mestre Mateo

A Filmoteca de Galicia CGAI en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual inicia hoxe un ciclo de proxeccións no cal poderemos ver algúns dos traballos finalistas da pasada edición dos premios Mestre Meteo que como cada ano otorga a Academia ás obras e profesionais máis destacados do noso audiovisual.
No ciclo poderemos ver obras de varios dos nosos socios comezando pola curtametraxe “3-1=0″ de Juan Galiñanes que poderá verse o martes 13 ás 20.30h, e que este mesmo mes se atopa a competición no Festival de Cans, así como no Festival Primavera do Cine.
Mañá mércores tamén as 20.30h poderá verse o último traballo de Jorge Algora, “Inevitable”, unha longametraxe rodada entre Galicia e Arxentina e da que destaca o seu elenco de actores con figuras como: Federico Luppi, Dario Grandinetti ou Mabel Rivera.
E finalmente o ciclo rematará o vindeiro xoves 15 coa proxección de “Somos gente honrada”, a ópera prima do noso socio Alejandro Marzoa  que resultou a fita gañadora dos pasados premios Mestre Mateo acadando 6 estatuíñas entre elas a de Mellor Filme e Mellor Director.

Compartir