O Celtx un programa para escribir guións

Un programa libre e de balde para escribir guións, non os escribe só pero axuda

a organizar a documentación e ademais permite facer fichas técnicas e outras tarefas

como desgloses útiles para produción. Tamén permite facer ou xestionar o storyboard e

ten formatos predeterminados para distintos tipos de guións audiovisuais

(Obras de teatro, programas de radio ou televisión, comics…)

Ten ademais un modo de traballo on-line co que varias persoas poden traballar no guión ao mesmo tempo.

Non o hai en galego pero si en castelán, inglés e outras moitas linguas.

A dirección para a descarga é esta:

http://www.celtx.com/

Para min é un programa que merece moito a pena.

Funciona en Linux, Mac e Windows.

Compartir