Karra Elejalde Esmorga

Nova edición dos Cafés con CREA no Festival de Cans

A XI Edición do Festival de Cans que dá comezo este mércores día 21 contará unha vez máis cunha ampla representación de CREA, que este ano está presente en tódalas categorías do Festival.
Entre os socios que participan na presenta edición atópanse Juan Galiñanes e Xacio Baño que competirán por facerse co premio á mellor curtametraxe con “3-1=0″ e “Ser e voltar” respectivamente.
Na categoría de videoclip contaremos coa participación do noso socio Gonzalo Cotelo que compite co seu traballo “Electromontrove” da banda Lendrone.
Ademáis o certame servirá para a posta de largo en Galicia do filme “Os Fenómenos” do noso socio Alfonso Zarauza, e para un Screening Test do filme “Querida Gina” da nosa socia Susana Sotelo.
A maiores, na cita porriñesa terá legar o II Café con CREA no Festival de Cans que terá lugar o videniro venres día 23 ás 12h no Baixo de Moncho. Nesta ocasión contaremos cun convidado de excepción, o actor e director Karra Elejalde que ven de ramatar a rodaxe da adaptación literaria da novela de Eduardo Blanco Amor “A Esmorga” dirixida por Ignacio Vilar.
Ademáis CREA colabora este ano con Cans co Premio CREA á mellor dirección que será concedido ó mellor director galego do certame.

Compartir