ouff

Notable presencia de CREA no 21 OUFF

O 28 de outubro comeza en Ourense a que será a 21 Edición do Ourense Film Festival, un dos eventos cinematográficos máis importantes do país que comeza unha nova andaina tras o seu cambio de dirección.
Nesta nova edición son preto dunha vintena de pezas galegas as que poderán verse en Ourense, entre elas varias dxs nosxs realizadorxs.

A nosa compañeira Ángeles Huerta presentará un Work in progress da súa longametraxe Esquece Monelos, un filme no cal memoría e historia se entremesturan empregando o río Monelos como metáfora. Un río oculto, que pese a ser invisible a ollos da xente, o seu caudal segue a fluír por debaixo do aparente.
Captura de pantalla 2016-10-10 a las 11.12.01 Captura de pantalla 2016-10-10 a las 11.11.48

Tamén poderemos coñecer o estado de 2 proxectos que están a desenvolver os nosos compañeiros. Javi Camino presentará o seu proxecto Nación de Muchachos sobre a Ciudad de los muchachos de Bemposta, mentres que Héctor Carré dará a coñecer o seu proxecto We the media, no que profundiza no papel do xornalismo na sociedade actual.

O noso compañeiro Simone Saibene presentará o libro-dvd de Pelerinaxes, un filme baseado na obra homónima de Otero Pedrayo na cal se conta a viaxe realizada polo propio Otero, Vicente Risco e Ben Cho Shey desde Ourense a San Andrés de Teixido para intentar documentar aqueles elementos da Galicia rural que estaban a esmorecer.

Tamén estará presente en Ourense Share o No Share de Juan Hervella Rego, gañador do premio CREA á mellor dirección no pasado festival de Cans e que está de actualidade nestes días, xa que poderá verse no Brigadoom de Sitges.
share o no share

Ademáis do traballo dxs nosxs compañeirxs, poderá verse en Ourense varios dos títulos galegos máis destacados do ano como Jeanette de Xurxo Chirro, Verengo de Victor Hugo Seoane, Sin Dios ni Santa María e Montañas ardientes que escupen fuego de Helena Girón e Samuel M. Delgado ou a instalación Tiempo Vertical de Lois Patiño, inédita en Europa.

Compartir