Ibañez Serrador

Nace o primeiro festival de cinema fantástico de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos acollerá entre os vindeiros 21 e 24 de agosto a I Edición do Fancine de Lemos un Festival de curtametraxes orientado cara o cinema Cinema Fantástico e de Xénero. Esta primeira edición estará formada por dúas seccións, unha sección competitiva na cal se poderán ver 24 curtametraxes a concurso e unha sección adicada ó cineasta Chicho Ibañez Serrador.
Dentro desta homenaxe a Ibañez Serrador proxectaranse os filmes “La residencia” (1969), longametraxe que supuxo o debut de Ibañez Serrador na gran pantalla, e o seu último e máis aclamando filme “¿Quien puede matar a un niño? (1976).
CREA tamén contará con presencia dentro deste Primeiro Fancine de Lemos xa que o noso socio Samuel Lema participará na competición de curtas con “La Carne Cruda” un filme “canibal” inspirado libremente en feitos reaís e que está interpretado por Carlos Villa e Rubén Riós co que xa recibiu unha Mención especial no Leeds International Film Festival Fanomenon 2013.
Ademáis, dous dos nosos socios, Sonia Méndez e Luís Avilés foron escollidos para formar parte do xurado que deberá escoller as obras gañadoras.

Podedes ver o programa completo do Festival aquí.

 

Compartir