ddd

Nace o Carballo InterPlay (CIP)


De novo traemos máis novas positivas para o audiovisual galego, neste caso en forma de novo festival adicado a un dos novos formatos con máis proxección, as webseries.

O Concello de Carballo ven de presentar a I Edición do CARBALLO INTERPLAY (CIP), o primeiro festival de webseries que terá lugar no estado. Por se fose pouca noticia, ao mando deste festival está unha das persoas con máis experiencia neste innovador formato, a compañeira Sonia Méndez.

O festival celebrarase entre o 24 e o 27 de abril, e ademais da proxección das webseries que vaian a concurso, haberá charlas, mesas redondas, clases maxistráis e actividades paralelas, e como non, unha gala de entrega de premios .

As bases para presentar traballos están xa dispoñibles na páxina oficial do festival. Os creadores que queiran participar cos seus traballos poderán presentarse a concurso até o día 23 de marzo de 2014. A dotación total dos premios é de 5.000€ a repartir en: premio á mellor webserie de imaxe real, á mellor webserie de animación, á mellor webserie galega, e á mellor actriz e ao mellor actor. Haberá tamén neste certame premio do público.

Entre outros, esta primeira edición do festival contará coa presencia de David Sáinz e Teresa Segura de Diffferent Entertainment, director e guionista e directora de produción respectivamente da webserie de éxito nacional Malviviendo. E de Xullo Garma, creador da recoñecida serie de animación Freaklances e impulsor do proxecto de distribución de webseries Freaklances Project, que presentará no festival.

Toda a información na páxina web www.carballointerplay.com
Vémonos en Carballo!!

Compartir