Mimosas cartel recortado

“Mimosas” entre as candidatas ós premios do cine Europeo

Titular mimosas

A European Film Academy (EFA) ven de anunciar o listado de 50 filmes que optan a facerse cos galardóns que premian ás mellores fitas europeas do ano. Entre os filmes seleccionados hai soamente 4 produccións españolas, trátase de “Julieta” de Pedro Almodóvar, “El Olivo” de Icíar Bollaín, a produción hispano-arxentina “Truman” dirixida por Cesc Gay, e un filme galego “Mimosas” dirixida polo noso compañeiro Oliver Laxe.

Fotograma Mimosas

titular mimosas

O anuncio da EFA coincide ademáis coa estrea do filme en salas comerciais francesas. Desde hoxe o filme poderá verse nas carteleiras francesas. Aínda non coñecemos a data para a súa estrea en salas comerciais en España.

“Mimosas” é o segundo filme de Oliver Laxe tras a exitosa “Todos vos sodes capitáns” coa que gañara o Premio FIPRESCI no Festival de Cannes. “Mimosas” comezou incluso con mellor pe o seu percorrido internacional xa que resultou premiada na Semana da Crítica en Cannes. Ademáis de Cannes, o filme ven de ser seleccionado para participar no prestixioso Festival de Toronto.

 

Compartir