Migas de pan cartel

“Migas de pan” entre as candidatas a representar a Uruguai nos Oscar

O filme “Migas de pan” dirixido pola nosa compañeira Manane Rodríguez ven de ser escollido polo ICAU (Dirección de Cine y Audiovisual Nacional de Uruguai) para ser unha das 4 películas que optan a represetar a Uruguai na vindeira edición dos Oscar.
O vindeiro 15 de setembro darase a coñecer a candidata definitiva entre os filmes: Las toninas van al este de Verónica Perrota e Gonzalo Delgado, Clever de Guillermo Madeiro e Federico Borgia, Los modernos de Mauro Sarser e Marcela Matta e Migas de pan.
Migas de pan cartel

O filme, interpretado por Justina Bustos e Cecilia Roth está inspirado no relato da presa política Liliana Pereira, encarcelada polas súas ideas durante a dictadura uruguaia. Liliana foi encarcelada en 1975, torturada e privada da custodia do seu fillo. Tras sufrir o exilio, regresa en 1982 e deberá escoller entre recuperar ó seu fillo ou centrarse nunha demanda colectiva que preparan as súas antigas compañeiras de prisión.

Ademáis da candidatura a representar a Uruguai, o filme ven de presentarse con notable éxito na pasada edición do Festival de Montreal e de estrearse en salas comerciais en Uruguai onde alcanzou xa a súa cuarta semana nas carteleiras.

 

 

 

Compartir