Mesa redonda Mulleres na pantalla

Mesa redonda: Mulleres na pantalla. Presenza e representación.

Mulleres e homes de diferentes ámbitos profesionais relacionados co audiovisual e o cinema exporán aspectos claves relativos á presenza e a representación das mulleres nas obras audiovisuais e nos correspondentes discursos. Profundizarase dende o punto de vista académico, da dirección, do guión, da produción e do mundo actoral nos factores que determinan o baixo número de papeis protagonistas, os condicionantes da idade, os roles e estereotipos que afectan as mulleres e, sobre todo, nos cambios necesarios para acadar unha situación igualitaria que contribúa a mudar relatos, puntos de vista e historias que se contan.

A mesa redonda está enmarcada dentro das actividades que quere desenvolver CREA, partindo do seu compromiso pola visibilización e promoción das mulleres profesionais do sector, para fomentar na actual e nas futuras xeracións de profesionais unha actitude crítica que derive en cambios imprescindibles para a construción e a representación no audiovisual de personaxes de mulleres que axuden a acadar a igualdade social entre os xéneros.

Título: Mulleres na pantalla. Presenza e representación. Que mudar?
Interveñen: Tamara Canosa, Daniel D. García e Sonia Méndez.

Data e hora: 26 de outubro de 2017, de 11 a 13 horas.
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
Entrada libre ata completar aforo.

Organiza: CREA. Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización.
Colaboran: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e Fundación SGAE.

Compartir