“La fiesta del cine”, entradas ao cine por 2€

Dende hai tres anos vense celebrando en España “La fiesta del cine” unha iniciativa que permite asistir a ver cine por 2€.
“La fiesta del cine” está organizada pola Federación de Asociación de Productores Audiovisuales Españoles (FAPAE), a Federación de Distribuidores de Cine (FEDICINE) e a Federación de Cines de España (FECE).
O sistema para conseguir entradas a 2€, é tan sinxelo como asistir a unha proxección habitual a semana do 19 ao 25 de setembro. Cando retiremos a nosa entrada nas salas adheridas a esta promoción, entregarannos un vale que nos permitirá volver entre o 26 e o 28 de setembro pagando esa módica cantidade.

As salas participantes nesta iniciativa en Galicia son:
A CORUÑA
FILMAX A CORUÑA, A Coruña
YELMO CINES ESPACIO CORUÑA, A Coruña
YELMO CINES LOS ROSALES, A Coruña
CINESA MARINEDA CITY, A Coruña
CINEBOX NARON, Narón
MULTICINES VALLEINCLAN, Santiago de Compostela
CINESA AREA CENTRAL, Santiago de Compostela

LUGO
CINES CENTRO, Lugo

OURENSE
CINEBOX OURENSE, Ourense

PONTEVEDRA
FILMAX PONTIÑAS, Lalín
CINEBOX VIALIA PONTEVEDRA, Pontevedra
YELMO CINES VIGO, Vigo
CINES PZA.ELIPTICA, Vigo
CINES GRAN AROUSA, Villagarcía de arosa

Tedes toda a información desta iniciativa na súa web.

Aproveitamos para recordarvos que salas como a do CGAI e moitos outros cineblubes e institucións veñen ofrecendo prezos tan competitivos como este e incluso máis, durante todo o ano, así que non hai desculpa para non ir a lo menos de cando en vez a unha sala.

Compartir