Jorge Saavedra disney

Jorge Saavedra e a súa curta “Disney”, primeiros froitos do Conecta

CREA acaba de lanzar a II edición do Conecta para o cal está aberto o prazo de inscripción. Un punto de encontro para guionistas, directores e ideas que buscan materializarse. Ese foi o caso de “Disney”, unha curtametraxe que naceu na primeira edición do Conecta e que da man de Jorge Saavedra está a piques de ver a luz.

Unha comedia romántica en formato curta.

Disney conta a historia de JORGE (30) que ensaia ante un espello un discurso, o que vai empregar para deixar á súa moza Sonia despois de máis de 4 anos xuntos. O discurso, abundante en tópicos, soa bastante convincente na boca dun Jorge que pese a certa sobreactuación parece dominalo con soltura, cada detalle, cada pequenno matiz e pausa. Tras avisar á súa actual amante das súas intencións con Sonia disponse a darlle a nova na súa casa.
Unha vez na casa da súa moza, as fortes intencións de Jorge parece que comezan a disiparse tras percibir que quizáis Sonia esté nunha situación parecida con respecto a el. Pequenas pistas fan sospeitar a Jorge e é nese momento cando escoita as temidas palabras que tanto ensaiou pero esta vez na boca de Sonia: “Jorge, temos que falar”. Jorge reaccionará da forma menos esperada ó escoitar en boca da súa moza esas palabras tan coñecidas por el.

Un equipo de excepción

Disney está dirixida polo noso socio Jorge Saavedra, director de curtametraxes como “Sen chumbo” (podedes vela en dúas partes: Parte 1. Parte 2.) ou “Mr Smith & Mrs Wesson” ou de series de televisión como “Matalobos” ou a recentemente estreada “Serramoura” da cal podedes ver unha promo aquí. O guión é obra de Servando Vidal e conta coa interpretación de Marta Larralde e  Fernando González. A curtametraxe que foi rodada integramente en San Vicente (O Grove) está producida por Primero Izquierda S.L.

Desde CREA desexámoslle o maior dos éxistos neste novo traballo.

 

Compartir