II premios crea cine galego videocilp spot

Listaxe de galadoados nos II Premios CREA 2017

Se cadra, a relación entre Galicia e o cine daría para dunha tese doutoral por día e máis duha conversa de bar por minuto. Pero cando os integrantes de CREA nos xuntamos para unha xornada festiva saen conversacións das que ben podiamos sacar tres ou catro wikipedias temáticas.

O pasado sábado tivemos un deses días que nos gusta celebrar e sobre todo, contalo despois. Porque amiguiños e amiguiñas, entregamos os II Premios CREA e estamos moi orgullosos no noso cine.

Como ben sabedes, estes premios non xurdiron soamente para espallar as cuncas de CREA polo mundo aidante (que ben podería ser), senon que naceron coa vontade de outorgarlle, xa sabedes, un recoñecemento dun xeito público a aqueles colegas que destaquen nunha faceta de dirección ou realización audioviual. E de paso axudar a promocionar o seu traballo, que nunca está de máis.

O venres marcámonos un teaser anunciando nas nosas canles sociais  o premio de honra e as mencións especiais, que en seguida percorreu as redes entre noraboas e agradecementos. E o sábado enregamos o resto de premios que pasamos a destacar aquí para que vaiades felicitando un por un, unha por unha.

Curtametraxe ficción: Olga Osorio por Einstein-Rosen

Curtametraxe documental: Giselle Llanio por Instantes dun retorno

Longametraxe ficción: Óliver Laxe por Mimosas

Longametraxe documental: Ángeles Huerta por Esquece Monelos

Obra de animación: Alberto Vázquez por Decorado

Obra experimental: Fran X. Rodríguez por ADIOS SOIDA

Programa TV: Gaspar Broullón por Deportes imposibles

Serie TV: Giselle Llanio por Dalia, a modista

Spot ou Campaña publicitaria: compartido entre Fran X. Rodríguez por Beard Mourning e Juan

Galiñanes por Cambados, feito a man

Videoclip: Manu Viqueira por Troubled Times

Webserie: Mario Iglesias por El origen del problema

Mención Especial á Visibilidade do cinema galego no exterior: Olga Osorio, Óliver Laxe e Alberto Vázquez.

Mención Especial á Promoción da igualdade de xénero: Proxecto Cinema e Muller.

Premio de Honra: Traballadores do CGAI, polo seu traballo -non sempre nas mellores condicións- a prol da conservación do patrimonio audiovisual galego, asi como pola súa contribución á educación das nosas miradas.

En definitiva, estamos moi contentos de facer un ano máis a entrega dos Premios CREA es sobre todo do gran traballo dos compañeiros e compañeiras.

¡Longa vida á creación audiovisual en Galicia!

 

 

Compartir