mestre_mateo

Gran representación de CREA nos Mestre Mateo

Como cada ano a Academia Galega do Audiovisual organiza a gala dos Premios Mestre Mateo, os galardóns que serven para premiar as producións máis destacadas do audiovisual galego no último ano. Como ven sendo habitual CREA estará moi presente nos premios a través das distintas candidaturas nas que compiten os seus socios.

Dirección e Realización

Das 28 candidaturas das que sairán os 4 Finalistas ó premio á Mellor Dirección, 15 candidaturas están integradas por membros de CREA. É o caso de Susana Sotelo con “Querida Gina”, Simón Casal de Miguel con “Lobos Sucios”, Sandra Sánchez con “Manuel Quiroga”, Raúl Veiga con “O médico certo”, Jorge Saavedra, Miguel Conde e Manuel Espiñeira con “Serramoura”, Jorge Coira xunto a Toño López por “Luci” e en solitario por “A torre de Breoghan”, Javi Camino por “Casa Manola” Jorge Cassinello por “Hospital Real”, Ozo Perozo xunto a Jesús Font e Gerardo Rodríguez por “O Faro”, Jairo Iglesias por “Ruxe Ruxe, sempre adiante”, Giselle Llanio xunto a Santiago Pumarola por “Pazo de familia”,  Dani de la Torre por “El desconocido”, Luís Avilés xunto a Cesar Souto por “Os días afogados” e Carlos Almón Muñoz por “The last witch”.

Na categoría de Mellor Realización preséntanse 22 candidaturas e entre elas hai 7 integradas por membros de CREA. Nesta ocasión son Gaspar Broullón xunto a Simón Vázquez por “Éche así”, Jairo Aldana por “Vía V”, “A outra vía” e “Fuera de contexto”, Jorge Algora por “Amor na rede”, Jorge Saavedra por “E agora que? Criaturiñas en apuros” e Omar Rabuñal por “No mellor da vida”,

largometraje-Premios-Mestre-Mateo-candidaturas_TINIMA20140224_0698_5

Publicidade, Videoclips, Documentais e Curtametraxes

Os nosos socios están presentes igualmente noutras categorías dos premios máis alá da Dirección ou a Realización. Jorge Algora dirixe “Unitarias. Historia dun mestre galego” presente na categoría de Mellor Documental. Juan Galiñanes produce o videoclip “Superfama” e a curtametraxe “reStart” dirixida por Olga Osorio, ademáis presenta o Spot “Así es, así somos” que participa na categoría de Mellor obra publicitaria ó tempo que pon a súa voz en “Ladrones de tiempo” curtametraxe guionizada polo noso socio Marcos Nine e dirixida polo tamén socio Fran X. Rodríguez quen presenta ademáis o videoclip “La reina ourensana” e o spot “Homenaje al frío-Atlantic Touch” de Caramelo.

Tamén na categoría de videoclip atopámonos coa presenza do noso compañeiro Olih Conde e o seu traballo “Todo me fala de ti”. E na categoría de curtametraxes atopámonos con Xacio Baño que presenta “Eco”, Jorge Saavedra con “Disney”, Veru Rodríguez con “SuperYo”, Ronsel Pan con “Intersección” e “Paris 68″, Simone Saibene con “A Sorpresa” e a curtametraxe “Dor” producida polo noso socio Raúl García.

En vindeiras novas daremos conta dos finalistas. Mentres tanto podedes coñecer máis das obras dos nosos socios os vindeiros días na nosa páxina de Facebook  ou seguíndonos en Twitter @GaliciaCREA

 

Compartir