los_fenomenos

Gran acollida dos novos traballos de Xacio Baño, Alex Sampayo e Alfonso Zarauza

Os nosos socios Xacio Baño, Alex Sampayo e Alfonso Zarauza continúan a triunfar cos seus novos traballos e na última fin de semana acadaron entre os tres un total de 6 premios en distintos Festivais internacionais.
O filme “Os Fenómenos” de Alfonso Zarauza fíxose con tres galardóns no Festival de Ceará en Fortaleza (Brasil). “Os Fenómenos” convertíuse así no filme máis premiado do certame conseguindo o Premio á mellor música, composta por Piti Sanz e Anxo Graña, o Premio á mellor fotografía para Alberto Díaz “Bertitxi” e o Premio ó mellor guión para Jaione Camborda e Alfonso Zarauza. Tres galardóns que se suman ó Premio do Xurado acadado por “Os Fenómenos” en Bruxelas. Ademáis hai compre resaltar que tras o seu paso polo Festival de Montreal, “Os Fenómenos” pasou xa por unha ducia de Festivais e que se poderá ver proximanente na Habana e na India.

Pola súa banda, “Ser e Voltar” de Xacio Baño acadou dous novos premios, esta vez no Festival L’Alternativa onde ademáis de acadar o Premio do Público, acadou unha mención especial do xurado lle adicou as seguintes palabras na súa acta: “El jurado ha decidido conceder una mención especial a Ser e voltar (Ser y volver) de Xacio Baño (España), por la honestidad al compartir un tiempo dado con sus personajes; por su valentía para trascender de lo íntimo a lo definitivo con sencillez, y por su equilibrio para transitar entre el cine y la vida.”

Finalmente, o noso socio Alex Sampayo, que ao igual que Zarauza, presentou o seu filme “Schimbare” no Festival de Montreal, acadou esta fin de semana unha mención especial do xurado no Festival Iberoamericano de Huelva. O filme, que está protagonizado por Luís Zahera e Candela Peña está a conseguir un notable percorrido pasando por festivais como San Diego, no cal acadou tamén un galardón, a Seminci de Valladolid onde participou na sección Opera Prima,  ou no OUFF de Ourense que contou con “Schimbare” para clausurar a súa 19 Edición.

Compartir