III Premios CREA

Galardóns dos III Premios CREA

Terceira edición dos nosos premios e terceira tanda de cuncas repartidas entre risas, karaoke improvisado e, sobre todo, moito talento do país.
Un Premio de Honra, dúas Mencións Especiais e dez categorías para recoñecer o traballo dun sector que segue a lograr éxitos dentro e fóra das nosas fronteiras, a pesares da crise, dos impostos, da burocracia e da inferioridade de condicións coas que ten que competir.
Unha loita que se torna aínda máis cruda para as nosas compañeiras directoras e realizadoras, que cada ano deixan o listón do audiovisual máis alto, demostrando que xa é imposible ignoralas. Parabéns para todas.

E parabéns para todas as persoas galardoas, aquí as tedes:

PREMIO DE HONRA: Cine Imperial (Ramallosa). Por representar unha forma de resistencia no actual circuito de exhibición e por conservar toda a maxia das vellas salas.

Mención Especial á promoción da igualdade de xénero: Carballo Interplay Polas súas boas prácticas e por amosar un mundo diverso fóra das etiquetas.

Mención Especial á visibilidade do cinema galego no exterior: Diana Toucedo e Alvaro Gago.

Premio á mellor dirección de curtametraxe de ficción: Álvaro Gago por Matria.

Premio á mellor dirección de curtamentraxe documental: Noemi Chantada por “La mujer invisible”.

Premio á mellor dirección de longametraxe de ficción: Andrés Goteira por Dhogsfilme.

Premio á mellor dirección de longametraxe documental: Paula Cons por “La batalla desconocida”.

Premio á mellor dirección de obra experiemental: Eloy Domínguez Serén por “Soli soli”.

Premio á mellor dirección de programa de TV: Antonio Vilaseco por “Informe Robinson”.

Premio á mellor dirección de serie de TV: Carlos Sedes e Jorge Torregrossa por Fariña.

Premio á mellor dirección de spot: Toño Chouza por Hertfordshire.

Premio á mellor dirección de videoclip: Manu Viqueira por “Sistema antisocial”.

Premio á mellor dirección de webserie: Jorge Boquete por Peter Brandon.

Compartir