Mimosas sevilla

Fin de semana de premios e seleccións

A pasada semana, Cineuropa acolleu a presentación de “Mimosas”, a segunda longametraxe do noso compañeiro Oliver Laxe que ademáis do seu premio na Semana da Crítica de Cannes acadou dous novos galardóns esta fin de semana. O filme de Oliver Laxe consiguiu facerse con dous galardóns no prestixioso SEFF de Sevilla onde recibiu unha mención especial do xurado ao son e á montaxe, e o Premio Especial do Xurado.

Pola súa banda, a longametraxe documental “Os días afogados”, dirixida polo noso compañeiro Luís Avilés e Cesar Souto, ven de gañar o premio ó mellor filme na competencia latinoamericana do Fidocs que se celebra en Santiago de Chile.

Tamén coñecemos que a curtametraxe “Einstein-Rosen” dirixida pola nosa compañeira Olga Osorio terá a súa premier internacional no prestixioso festival de Leuven en Bélxica.

Compartir