DECORADO_13low

Fin de semana de exitos

O 2016 está a ser un gran ano para o cinema galego e os seus realizadores. Desde CREA non podemos estar máis orgullosxs dos compañeirxs. Unha boa mostra da gran saúde pola que estamos a atravesar foi o acontecido nesta fin de semana.
Titular Annecy 2016
Ata 3 proxectos galegos participaron no Festival de Annecy, a cita máis importante do mundo da animación. Dous deles teñen un nome propio como protagonista, o do noso compañeiro Alberto Vázquez, que no que vai de ano está a colleitar numerosos éxitos con dous filmes dirixidos por el, a longametraxe “Psiconautas” e a curtametraxe “Decorado”.
Fotograma Decorado

A acollida do público do festival foi espectacular, con 800 persoas enchendo a sala para ver o traballo do noso compañeiro. Pero a gran noticia chegaba esta fin de semana cando “Decorado” recibía o Premio Rhône-Alpes.
Prmio Annecy Captura de pantalla 2016-06-20 a las 12.25.14

E as boas novas non paran xa que nestes días, “Decorado” compite igualmente no Cinema Jove de Valencia, e “Psiconautas” e a súa anterior curtametraxe “Unicorn Blood” participan no Animafest de Zagreb.


A maiores, a cita francesa contou tamén cun proxecto galego entre os escollidos para a súa sección Pitches MIFA, trátase de “Memorias de un hombre en pijama”, dirixida por Carlos Fernández e na cal participa o noso compañeiro Ángel de la Cruz.
Titular annecy

“Memorias de un hombre en pijama” é a adaptación do comic do mesmo título do debuxante Paco Roca, autor igualmente da exitosa novela gráfica “Arrugas” na que tamén participara na súa adaptación cinematográfica o noso compañeiro Ángel de la Cruz.  “Memorias de un hombre en pijama” foi seleccionada entre máis de 400 proxectos para a súa participación en Annecy.
Fotograma Memorias de un hombre en pijamaPremios tamén para os nosos documentais.

 

De volta en Galicia, o protagonista esta fin de semana é o Documental, xa que tivo lugar a 11ª Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. O filme “Walls” fíxose co Premio ó mellor filme, mentres que “O tesouro de Corcoeso” acadou o Premio ó Mellor documental Galego. Ademáis destas dúas fitas, unha das grandes triunfadoras  do certame foi “Os días afogados” do noso compañeiro e Presidente de CREA, Luís Avilés, quen acadou o Premio do Público e unha Mención especial do xurado.
Premio museo do pobo
Luis Avilés premio museo do pobo

Compartir