A memoria de Abeleda

Estrea do documental “A memoria de Abeleda” en Castro Caldelas

Mañá domingo 23 de novembro as 5 da tarde no castelo de Castro Caldelas estrearase o documental “A Memoria de Abeleda”.
Un documental dirixido por Iria Puga e no que participan dous socios de CREA: Xes García como produtor e Chema Gagino poñendo a voz en off.
O documental conta a historia do mosteiro románico de San Paio de Abeleda. O mosteiro foi pechado e abandonado nos anos 70. Sufrindo a partir de aí o expolio e o deterioro ate rematar en ruinas.
Afortunadamente,  queda xente coma a  da asociación de amigos do Románico “O Sorriso de Daniel” e algúns veciños do val da Abeleda que loitan por dalo a coñecer e frealo seu deterioro.
A ver se entre todos axudamos a que San Paio non se perda!
O mesmo día pola mañá realizarase unha andaina polo val da Abeleda organizada pola asociación O Sorriso de Daniel na que se poderá coñecer mellor o mosteiro e os seus arredores, a súa historia e a beleza que o rodea.

Podedes atopar máis información por na súa web e no blog O Sorriso de Daniel.
Aquí tedes o trailer.

 

Compartir