Enorme éxito do Conecta 2016
Máis de 60 profesionais do sector audiovisual déronse cita o pasado sábado na sede da SGAE en Compostela para acudir á edición 2016 de Conecta, unha iniciativa de CREA na que participa a Asociación Galega de Guionistas, AGAG, e que ano tras ano ven a confirmarse como o gran punto de encontro entre guionistas e realizadorxs.
27 foron os proxectos que se presentaron na presente edición, onde tivemos longametrraxes, curtametraxes, documentais e webseries.
5 dxs nosxs socixs: Gonzalo Suárez, Fran X. Rodríguez, Antonio Caeiro, Olga Osorio e Andrés Goteira, presentaron no Conecta proxectos propios na procura de guionista ou opinións dos profesionais presentes.
Tras o éxito desta edición, a directiva de CREA está xa a traballar na organización do Conecta + o punto de encontro cos productores que estén a buscar proxectos para levar adiante.