ElDesconocido_cartaz

El Desconocido nos cines

A ópera prima de Dani De La Torre chega aos cines con excelentes críticas

Con excelentes críticas e boa reacción do público, o filme de acción El Desconocido, chega ás grandes pantallas da man de Vaca Films e a Warner Bros. Logo de pasar e triunfar en festivais como San Sebastián ou Venecia, a ópera prima do socio de CREA Dani De La Torre, estará presente en 400 salas de toda España.

Protagonizada por Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Goya Toledo e Elvira Mínguez , El Desconocido é  unha thriller cheo de ritmo, acción e tensión que manterá sentados aos espectadores dende o comezo ata o último minuto do filme. A montaxe que leva a man e a visión do tamén asociado e presidente de CREA Jorge Coira, permitiu un acabado tecnicamente perfecto, cunha coidada fotografía e un guión cheo de xiros escrito por Alberto Marini.

A sinopse de El Desconocido avanza unha das producións máis brillantes dos últimos anos.

Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutinaria mañá levando aos seus fillos ao colexio. Cando arrinca o coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do seu asento. A voz de un desconocido comunícalle que ten apenas unhas horas para reunir unha gran cantidade de diñeiro, se non o consegue, o seu coche volará polos aires.

O director de El Desconocido, Dani De La Torre, está entusiamado e ilusionado. “Ata agora está sendo unha experiencia marabillosa. Aprendín e aprendo moito de todos os procesos. E agora chega o máis importante: que a xente vaia ao cine a vela”.

Unha produción impecable coa cidade de Coruña como telón de fondo. Dani descríbea como “unha peli trepidante con moita acción que non deixará respiro ao espectador pero tamén é unha fermosa historia dun pai que trata de salvar a vida dos seus fillos”.

Compartir