Edu Lavandeira

Edu Lavandeira inspírase nunha obra de Bansky para a súa última curta

Á última obra do artista urbano Banksy, aparecida na parte traseira dun pub da súa localidade natal Bristol ven de saltar á  gran pantalla. E ben de facelo desde Galicia. O noso socio, o  director vigués Edu Lavandeira, dirixe a curtametraxe “Mobile lovers by Banksy”, inspirado na súa recente obra, na  que unha parella se abraza mentres miran os seus respectivos teléfonos móbiles.  A curtametraxe é o resultado do obradoiro “El mundo de la interpretación”, desenvolvido no Programa de Enriquecimento para nenos e nenas da Asociación de Altas Capacidades de Galicia da Universidad de Santiago de Compostela e coordinado pola actriz e pedagoga Estíbaliz Veiga. Tanto os actores como o equipo técnico son alumnos do obradoiro.
Despois da curtametraxe “Adictos”, na que se destapaban as miserias dos “ionkis do século XXI” aos móbiles, Edu Lavandeira volve  retratar o mundo das novas tecnoloxías, e neste caso co cadro de Banksy como inspiración e cos adolescentes como protagonistas.
Podedes ver ambos traballos online:

“Mobile lovers by Banksy”

“Adictos”

 

Compartir