12698134_452296324977585_9010180765045706756_o

Dobre plato de Chanfaina

Dos refugallos do porco ós refugallos do cinema, reclamo que servía para iniciar o pasado ano a primeira edición da Chanfaina Lab, un encontro de creadores que se celebrou por primeira vez a finais de 2014 no Concello de San Sadurniño. Unha amalgama de estilos e de maneira de concebir o cinema a través dos ollos de directoras e directores galegos procedentes de distintos ámbitos e que se dan cita para convertir San Sadurniño no escenario das súas historias.
O pasado sábado celebrouse a estrea dos traballos resultantes desta segunda edición con gran expectación e éxito de público. Chanfaina 212698670_10153949820326202_5317898891873064740_oCheo absoluto na casa da cultura de San Sadurniño que nesta segunda edición da Chanfaina produciu 200 minutos de cinema galego. A cantidade de produción foi tal que tivo que dividirse a xornada en dúas sesións de 100 minutos. Todo un fito do que é responsable Manolo González, o que fora director da Axencia Audiovisual Galega e da Escola da Imaxe e Son da Coruña que segue a promover o audiovisual alá onde vai.
Varios dos nosos socios como Giselle Llanio, Antonio Caeiro, Gonzalo Veloso ou Sandra Sánchez estiveron entre os protagonistas deste espectacular cartel de creadoras e creadores galegos.Chanfaina 2

Nos vindeiros meses poderemos disfrutar online de cada un dos traballos realizados na Chanfaina Lab que serán subidos á rede semanalmente.

Fotograma de "Matías" de Sandra Sánchez

Fotograma de “Matías” de Sandra Sánchez

Mentres non están dispoñibles os novos traballos na rede, podemos deleitarnos co resultado da edición anterior comezando por “Café-Bar Santos perruquería” da nosa socia Sonia Méndez, curtametraxe que inaugurou a primeira edición da Chanfaina.

FOTOGRAFIAS: Antonio Caeiro, Sandra Sánchez, Concello San Sadurniño.

 

Compartir