los viajes de pichuk 2

Doble presenza dos nosos realizadores no 3D Wire

O 3D Wire, festival adicado ó cinema de animación, transmedia e videoxogos que se celebra cada ano na cidade de Segovia, contou na presente edición coa participación de 2 dos nosos compañeiros.
É o caso de Alberto Vázquez que presentou a súa curtametraxe Decorado a cal se convertiría nunha das protagonistas do certame ó colleitar o galardón de mellor curtametraxe nacional. Este premio implica a clasificación para os Premios Cartoon d’Or, o máximo galardón europeo para as curtametraxes de animación. O 3D wire, é o único evento de España clasificatorio para estes premios.
Ademáis, esta mesma fin de semana, Decorado colleitou un segundo galardón ó ser distinguido co Premio AGAG ó mellor guión en Curtocircuito Alberto Vazquez 3d wire

Los viajes de PicHüK

Igualmente, foi seleccionado para o 3D Wire o proxecto Los viajes de PicHüK dirixido polo noso compañeiro Paco Cuesta e Manel Cráneo.
Los viajes de pichukLos viajes de PicHüK é unha serie de animación documental centrada na personaxe dun peculiar científico e o seu robot que intentan resolver algunhas das cuestións claves no funcionamento do universo.

 

 

Compartir