creaPrimavera

DestacadosCREA Primavera 2015

A primavera do 2015 estivo chea de flores en forma de actividades, premios, presentacións, festivais e reflexións nas que a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia foi partícipe.

creaPrimavera

XII Premios Mestre Mateo

Como todas as primaveras os premios da Academia Galega do Audiovisual coparon o protagonismo do ano. E o noso socio Alfonso Zarauza converteuse no gran triunfador da XII Edición dos Premios Mestre Mateo. Subíu ata en 3 ocasións ó escenario de Palexco para recoller os galardóns a Mellor Guión, xunto con Jaione Camborda, Mellor Dirección e Mellor Filme. Á súa vez “Os fenómenos” recibiu unha cuarta estatuíña que foi a parar a mans de Ledicia Sola como Mellor Actriz de Reparto.

Ademáis de Alfonso Zarauza, varios foron os socios de CREA que resultaron galardoados. Luís Avilés acadou o premio á Mellor Curtametraxe por “Unary”, Juan Galiñanes e Olga Osorio fixeronse co premio ó Mellor Videoclip por “Garden’s Road” do banda Escuchando Elefantes, o premio á Mellor Serie de Televisión foi para “Serramoura” dirixida polos nosos compañeiros Jorge Saavedra e Miguel Conde, mentres que Marcos Nine recibiu o premio á Mellor Montaxe por “A viaxe de Leslie”. Igualmente tamén acadaron galardóns “Schimbare” dirixida polo noso socio Alex Sampayo e “Códice” do noso compañeiro Jorge Cassinello. Ademáis, o noso compañeiro Toño López foi o director da gala.

Presencia e Premios en Festivais

Durante estes meses CREA estivo en distintos festivais a través da presencia de obras de asociados/as. En abril no II Carballo Interplay, en maio no XII Festival de Cans e en xuño na 6ª Mostra de Cinema Periférico (S8) e no IV Festival Primavera de Cine Vigo.

17452303393_6bc2c1ccfc_z

Nalgún destes festivais  socios e socias de CREA subiron a recoller premios. a cita carballesa celebrou unha vez máis o seu concurso de webseries onde o noso socio Pablo Cacheda conseguíu gañar o premio do público por “Clases de lo social”. Outra das series participantes “Mírame cuando te hablo” do noso socio Veru Rodríguez está de dobre actualidade xa que ademáis de ter participado a competición no Interplay, ven de ser nomeada na categoría de Mellor Video-Series na XVI Edición dos premios de Internet. En Cans Álvaro Gago recolleu pola súa obra “Curricán” premio á mellor curtametraxe, “Disney” de Jorge Saavedra recibiu o Premio especial do xurado dos veciños. A  curtametraxe “The Fetch” da compañeira de CREA Ángeles Huerta recibiu premio ao mellor guión.  “Unary” de Luis Aviles tamén recibiu o premio banda sonora. E o colofón foi o merecido premio Chimpin de Prata para Alfonso Zarauza. No Primavera de Cine de Vigo Antonio Caeiro recolleu o Premio á Mellor Longametraxe con “A volta dos nove” e Álvaro Gago  tamén recolleu o premio á Mellor Curtametraxe con “Curricán”

Formación e encontros

17777859378_fafc5fd8f2_z

Foron meses de formación na AulaCREA. Tivemos a sorte de compartir con Eliseo Altunaga un obradoiro de guión. Unha aproximación teórica e práctica ao proceso de construcción dunha ficción cinematográfica.

En colaboración co Festival de Cans, tivemos un caféCREA con Daniel Guzmán e Javier Gutierrez onde reflexionamos arredor da relación de dirección cos actores, tamén na Mostra (S8) na conferencia experimental “Os Ratos” do dúo brasileiro residente en Berlín Distruktur, que incluíu proxeccións e exemplos do seu traballo en 16mm. E compartimos con Xacio Baño e Ángel Santos Touza unha conversa arredor do proceso creativo e imaxes do traballo en desenvolvemento “Eco”

Compartir