Dani de la Torre- ojo critico

Destacados do mes de febreiro

O gran mes de “El desconocido”
A actualidade do mes de febreiro está marcada polos éxitos colleitados polo filme “El desconocido”. Os nosos socios Dani de la Torre e Jorge Coira acadaron 2 medallas nos Premios do Círculo de escritores cinematográficos polo seu traballo. Dani de la Torre recibiu o galardón á Dirección Revelación mentres que Jorge Coira conseguíuno á Mellor Montaxe.

Dani de la Torre e Jorge Coira

Pero o prato forte viría unha semana despois cando o filme acadaba 2 premios Goya, Mellor Montaxe e Mellor Son. Jorge Coira recollía así o premio:

Os éxitos non rematarían aquí, xa que tan só uns días despois dos Goya, o filme acadaba o premio “Ojo Crítico” de Radio Nacional de España.Dani de la Torre- ojo critico

Estrea da segunda tempada de “Mírame cuando te hablo”.
Ademáis do enorme éxito de “El desconocido”, este mes de febreiro veu a luz a segunda tempada da webserie “Mírame cuando te hablo”, pioneira na ficción en linguaxe de signos e dirixida polo noso socio Veru Rodríguez. Aquí tedes o primeiro episodio desta segunda tempada:

Eventos
Tamén neste mes asistimos á 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria, unha mostra que realizou un percorrido polo noso panoráma cinematográfico actual con tres programas monográficos centrados nas curtametraxes, o cinema de ficción e o cinema de non-ficción. Entre os asistentes atopáronse os nosos socios Alfonso ZarauzaXacio Baño e Sonia Méndez.

Sonia e Xacio Sarria

Foto: Toño de López

Sonia Méndez está dobremente de actualidade, xa que tras o seu paso por Sarria, comezou a avanzar o que será a nova edición do Carballo Interplay, o festival de webseries e contidos dixitais que se celebra en Carballo. De momento, todos aqueles interesados podedes ver a oferta formativa do festival que vai desde o marketing online, á dirección de actores.
Seguindo coa formación, un ano máis volveuse a celebrar en Vedra unha nova edición do seu LAV. Ata 4 compañeiros participaron impartindo algún dos cursos. Foron Jorge Coira sobre “Dirección de actores e actrices”, Mariana Carballal co de “Interpretación para Tv”, Alfonso Zarauza co de “Guión de Longametraxe” e Xoan Escudero co obradoiro “o son, do low cost ó cinematrográfico”.
Finalmente, en febreiro comezaron a facerse públicos os resultados da II Chanfaina Lab que se celebra no Concello de San Sadurniño. Cada venres, a web Fálame de San Sadurniño publica unha nova curtametraxe de diferentes autores, entre eles, compañeiros como Antonio Caeiro ou Sandra Sánchez da cal vos deixamos a súa curta “Matías”. Desfrutádea.

Compartir