cañas_con_CREA

Destacados CREA verán

Acitividades, charlas, encontros, presentacións e estreas

O verán do 2015 chegou cargado de proxectos de moitos socios de CREA. É o caso dos proxectos de Samuel Lema con Stalk  un falso Found Footage, da longametraxe documental Vigo 1972 de Roi Cagiao que rememora a loita obreira da cidade olívica,  Carlos Almón con The Last Witch un filme de suspense cheo de ilusión ou Dani De La Torre con El Desconocido un thriller de impecable factura con Coruña de telón de fondo.

Ademais puidemos falar cos realizadores Veru Rodríguez e Álvaro Gago para coñecer e descubrir as destacadas producións Mírame cando te falo e Curricán.

Ademais CREA estivo presente en Festivais de Cine como o Festival Internacional de Curtametraxes FICBueu, a través da presentación e exhibición de traballos de varios socios e socias da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.

Nesta vila mariñeira pontevedresa tivo lugar un interesante encontro De Cañas con CREA onde profesionais asociados e directores con obras presentes no FIC falamos arredor de experiencias e de xeitos de facer cine.

creacañasficbueu

O mes de agosto tivo lugar a actividade Caña&Charla 02, na que CREA en colaboración con AGAG, a Asociación Galega de Guionistas, reuniu a guionistas, realizadores e realizadoras, profesionais da interpretación, creación musical e persoas interesadas no cinema e no audiovisual na Escola Unitaria en Santiago de Compostela. A xornada contou coa presenza de Carlos Sedes e Eligio R. Montero para conversar ao redor das relacións entre o guión e a realización.

 

Compartir