de_palique_jesu_font

De palique con… Jesús Font

CREA prosegue coas súas actividades que este sábado 7 de marzo nos levarán ó pub Atlántico en Santiago de Compostela onde a partires 20h teremos unha charla informal cun dos directores máis prolíficos da televisión actual, Jesús Font.

Jesús Font é un dos actuais directores da serie “O Faro” que emite a Televisión de Galicia e no seu currículo conta cun bo feixe de títulos que van desde Tv movies como “Desátate” (2009), “Buscando al hombre perfecto” (2008) ou “El año que trafiqué con mujeres” (2005) a series de televisión como “Grand Nord” para TV3, ou outras para ámbito nacional como “MIR” ou “El Comisario“.

A idea deste encontro é xerar unha conversa informal na que, partindo da experiencia de Font, poidamos abrir unha charla entre todos os presentes, na que se compartan ideas, experiencias, e sobre todo disfrutar do palique entre compañeiros.

A entrada é de balde.

Compartir