anagrama_seminario_pitching_2

CREA tráeche o Seminario “Técnicas de Pitching” de Paco Rodríguez

CREA organiza o seminario “TÉCNICAS DE PITCHING ou como vender un proxecto en 5 minutos” impartido por Paco Rodriguez, e que conta coa colaboración de Galicia Profilme, Agadic e a Fundación Cidade da Cultura.

O seminario terá lugar o vindeiro 22 de outubro de 10:00 a 14:00 na Cidade da Cultura. Para asistir débese confirmar asistencia a través do mail formacion@galiciacrea.org

A matrícula é gratuíta.

Obxectivos

O obxetivo do seminario é adquirir conciencia da realidade profesional e proporcionar ferramentas para lanzar os teus proxectos dunha maneira coherente e eficaz. Aprende a preparar dunha forma efectiva unha presentación pública de calquera tipo de produto nas diferentes situacións que se poden dar ao longo da vida profesional.

Dirixido a creadores (directores, guionistas).

.

Temario e contidos

 O curso estruturase en 3 partes:

Parte 1:

 Autocoñecemento e habilidades sociales. As emocións inflúen nos procesos de negociación e condicionan a percepción da situación chegando a dificultar a comunicación e a trabala. É de suma importancia dominalas empregando a intelixencia emocional e a PNL.

Parte 2:

A preparación: Por que o fago? Que quero facer? Como vou presentalo? Cando? A quen? Onde? Para que? (necesidade, obxectivos e proposta). A estrutura e os seus diferentes formatos: un Pitch durará máis ou menos dependendo das circunstancias e o contexto; oscilando entre o brevísimo “pitch do ascensor” que pode non sobrepasar os 90 segundos ata presentacións en foros especializados ou reunións “one to one” en mercados onde podemos dispoñer de 7 a 20 minutos para describir e vender o noso proxecto.

Parte 3:

Adicamos o 70% do noso tempo á comunicación xa sexa como transmisor ou como receptor. Pensamos que as nosas palabras son o centro de toda comunicación cando isto non é certo. A expresión corporal leva máis da metade do peso de toda comunicación. Saber manexala é fundamental tanto para un mellor control de nós mesmos no momento de expresarnos, como para analizar e entender mellor ao noso interlocutor.

.

Paco Rodriguez

Iniciou a súa carreira como tradutor simultáneo de español-francés en Andalucía. Viaxou posteriormente polo mundo como foto-xornalista para a axencia de comunicación Afa onde cubriu reportaxes nuns corenta países como Kenia, Taiwán e Colombia para publicacións internacionais.

Fundou en 1990, PPM Multimedia onde se adicou á distribución e coprodución internacional de series de animación (Koki, Capelito, Snailympics) con EE.UU., Xapón, Canadá e Francia.

Foi produtor executivo e director de FILMAX ANIMATION producindo longametraxes como “El Cid la Leyenda”, “Pinocho 3000”, “Gisaku”, “Nocturna”, “Donkey.xote” e “Pérez el ratoncito de los sueños” cos que colleitou 4 premios Goya entre outros galardóns internacionais.

Presidiu a Asociación de Produtores Independentes de Animación e foi membro da xunta directiva de FAPAE y da Federación Española de Productores de Animación. Estivo dous anos como membro do Comité de avaliación (películas para televisión, series de animación) do ICAA. É membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Colabora como consultor para o Instituto de Comercio Exterior Español (IcexNext) e a Cámara de Comercio de Madrid (PYMEX). É experto no programa Media Creative da UE. Imparte clases en másteres de diferentes Universidades e Escolas de Cine sobre coproduccións internacionais, vendas internacionais, técnicas de pitching e comunicación, transmedia/crossmedia.

Compartir