Lidia Mosquera

CREA promove o Seminario de Branded Content con Lidia Mosquera

O vindeiro 26 de setembro na sede da SGAE de Compostela terá lugar unha nova cita de Aulacrea coordinada polo noso socio Gaspar Broullón. Esta vez o obxeto da nosa Aulacrea terá como obxetivo falar do “Branded Content”. O prazo de matrículas está aberto ata mañá día 24 de setembro e podedes formalizar a vosa matrícula solicitandoo por correo a formacion@galiciacrea.org. As tarifas son de 30€ a tarifa xeral, 15€ para estudantes, parados e socios de AGAG e gratuíta para os socios de CREA.

Que é o BRANDED CONTENT? ¿Por que está en auxe? ¿Como se fai? ¿Que supón para nós? ¿Que ten que ver coa narración transmedia? ¿Quen son os novos actores implicados? Responderemos a todas estas cuestións, veremos exemplos, e ofreceremos ferramentas prácticas para enfrentar esta nova forma de concebir o audiovisual.

 BRANDED CONTENT non é o futuro, é o presente

BRANDED CONTENT non é publicidade, é contido narrativo É unha tendencia en alza que ofrece múltiples oportunidades creativas.
Nos últimos anos tense falado moito de branded content, que non é outra cousa que contidos creados para marcas. Fálase disto porque as marcas comerciais buscan novas formas de achegarse á xente e a publicidade convencional non cumpre os seus obxectivos. A idea é xerar contidos narrativos que non teñan como fin último a descrición dun produto ou a venda do mesmo. Contidos honestos e sinceros que se aliñen cos intereses das persoas, as súas inquedanzas, as súas necesidades. O fenómeno está medrando e na actualidade, xa non podemos permanecer alleos ao concepto. Xa estamos facendo branded content e cada vez faremos máis. As cadeas de televisión xa non son os nosos principais clientes. As marcas son os novos interlocutores, así te adiques ao cinema, a televisión ou internet. Esta charla adéntrase no fenómeno a través de exemplos, expón que formas poden adquirir este tipo de contidos, como cambia a nosa metodoloxía de traballo e fai fincapié na necesidade de concibir contidos completos, interactivos, multiplataforma, transmedia…

LIDIA MOSQUERA

Produtora executiva en Gameworks S.L. É membro do corpo docente da Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños (Cuba). Licenciada en Ciencias da Información e Arte Dramático. Graduada en dirección de cine e TV na EICTV (Cuba). Advanced Management Program en IE Business School. Traballou en Canal + España e Cuatro (España) como directora, productora delegada e responsable de contidos dixitais.

Compartir