Curtocircuito_580x360

CREA PARTICIPE NO XII CURTOCIRCUITO

Outro ano máis, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, colabora directamente co Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, Curtocircuito.

CREA outorgará o premio ao Mellor Realizador/a. Que nesta edición foi para ’O descubrimento de Américo’ de Miguel Mariño.

Ademais varias obras dos nosos socios estarán presentes nesta XII edición do festival. Cabe destacar o traballo realizado polo director de Curtocircuito, e socio de CREA, Pela del Álamo, que por segundo ano consecutivo coordina este prestixioso encontro de cine.

aki

Do 6 ao 11 de outubro, a capital galega acollerá a todos os e as amantes do cine, do noso e o doutras latitudes, un programa cargado de actividades, obradoiros como o interesante Modelos de Distribución, converxencias con internet, proxeccións ou encontros con destacados directores como Aki Kaurismaki ou Jorgen Leth.

O xurado que decidirá o premio CREA ao mellor realizador estará formado por tres dos nosos socios; Sepi Bazarra, Daniel Suárez e Gonzalo E. Veloso. Ademais na sección Planeta GZ, Marcos Nine e Luís Avilés compartiran unha sesión especial Carta Blanca, na que Manolo González fará un percorrido persoal con comentarios pola historia galega do cinema.

cartablanca curtocircuito

O festival Curtocircuíto volve traer o mellor  cine galego da tempada en formato curto, a través da súa sección competitiva Planeta GZ. A selección está composta de 10 títulos de xéneros e estilos diversos, que reúnen as mellores propostas de autor dos últimos meses. Amais, o certame segue apostando polo cine propio coa Carta Branca a Manolo González, importante docente cunha longa traxectoria nas aulas. O profesor fixo un programa de dúas sesións para o festival, no que se repasa a historia do cine galego a través dunha escolma de títulos emblemáticos.

O Teatro Principal acollerá o martes 6 de outubro os filmes galegos seleccionados. Na primeira sesión, inclúense os últimos dous traballos da documentalista Xisela Franco, Cruz Piñón, e Hyokakusha – Caminante sin rumbo, esta última asinada xunto a Anxela Caramés. Hai taménespazo para a última ficción de Luis Avilés (Unary), cun excelente Antonio Durán Morris de protagonista; ou a nova animación de David Fidalgo, Preludio. Completa a sesión a ópera prima dunha da novas promesas do cine galego, Álvaro Fernández-Pulpeiro, que presenta Sol mihi semper lucet. Na segunda, grandes referentes en Galicia do cine documental e experimental como Marcos Nine (Rorschach#1: Puntos de Autoridade), Miguel Mariño (O descubrimento de Américo) ou Jaione Camborda (Proba de axilidade), conviven coa novísima promesa da animación Borja Santomé (Historia Cerebro), ou co curioso encontro entre música e cine da banda coruñesa Volontè, cunha curta homónima na competición.

Compartir