crea_logo

CREA comeza a rodaxe do seu proxecto “Ollo de vidro”

Os vindeiros días 19 e 20 de xaneiro no Salón Teatro de Compostela iniciarase a rodaxe de “Ollo de vidro”, un proxecto de CREA dirixido por Xoan Escudero e producido por Analía G. Alonso que terá como finalidade dar a coñecer ós distintos directores e realizadores que integramos CREA, así como as nosas distintas sensibilidades e as distintas maneiras de entender o oficio.
“Ollo de vidro” é un proxecto artellado a partires de entrevistas breves a cada un dos socios de CREA nas cais deberán responder a cuestións como “Como comezaches a dirixir?”, “Influencias”, “Soños” ou “Cales son os motivos que moven a un director a contar historias”.
Tras a rodaxe en Compostela, o proxecto trasladarase a A Coruña onde os días 26 e 27 de xaneiro continuará a súa rodaxe no CGAI.
Unha vez finalizada a rodaxe elaboraranse pequenas micropezas que estarán dispoñibles online e a partires das cáis poderemos coñecer mellor os distintos perfís dos integrantes de CREA.

 

Compartir