Igualdade

CREA aproba un plan de actuación a prol da igualdade de Xénero.

A Xunta directiva da Asociación aprobou en Agosto un documento co que pretende, a partir dunhas líñas xerais de actuación que se incorporarán transversalmente a todo o traballo de CREA, “contribuír á educación en igualdade da sociedade galega”.
O texto, elaborado pola Comisión de Igualdade, recolle como principais estratexias a visibilidade e participación das profesionais e a formación, sinalando as primeiras propostas de actividade para os vindeiros meses.
No documento desenvolvemos 2 liñas básicas de actuación: 1) Visibilidade e participación, 2) Formación.
Nela, incluímos puntos como:

  • O uso da linguaxe inclusiva.
  • Fomentar a participación igualitaria nos eventos da asociación.
  • Buscaremos sinerxias con institucións que poidan axudar á visibilización dos traballos das directoras.
  • Fomentaremos a participación igualitaria na docencia dos obradoiros que impartimos en CREA.

As socias e socios que desexen colaborar no desenvolvemento deste plan integrándose nun grupo de traballo poden comunicar o seu interese no correo: contacto@crea.gal.

O documento, no que estamos a traballar e que está aberto a suxestións, pódese consultar aquí.

Compartir