MINOLTA DIGITAL CAMERA

CREA aposta pola formación

En CREA estamos convencidos de que a formación é unha das claves para mellorar día a día no noso traballo. É por esto que desde a asociación puxemos en marcha Aulacrea, unha serie de obradoiros e seminarios de temática variada orientados á formación contínua dos profesionais tanto de dentro como de fora de CREA.

É así que no marco de Aulacrea presentamos o Seminario “Branded Content” impartido por Lidia Mosquera. Que é o Branded Content? Por que está en auxe? Como se fai? Que supón para nós? Que ten que ver coa narración transmedia? Quen son os novos actores implicados?

Responderemos a todas estas cuestións, veremos exemplos e ofreceremos ferramentas prácticas para enfrentar esta nova forma de concebir o audiovisual da man de Lidia Mosquera, membro do corpo docente da Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños (Cuba). Lidia Mosquera é ademáis produtora executiva de Gameworks S.L. e traballou para Canal + España e Cuatro como directora, produtora delegada e responsable de contidos dixitais.

O Seminario terá lugar na Sede da SGAE de Santiago de Compostela o día 26 de setembro de 16:30 a 19:30. Todo aquel que queira matricularse no seminario pode facelo escribindo a formacion@galiciacrea.org e indicando a tarifa a aplicar que pode ser de 30€ a tarifa xeral, 15€ a tarifa reducida no caso de estudantes, persoas desempregadas ou socios da Asociación de Guionistas, e gratuíta no caso de ser socios de CREA.

A maiores son varios os socios de CREA que están a participar en distintas actividades formativas. É o caso de Juan Lesta que a partires do vindeiro 30 de setembro e ata o 30 de outubro imparte no MAC da Coruña un obradoiro de iniciación ó Motion Graphics con After Effects. O prazo de inscripción está aberto e tódolos interesados podedes consultar o programa e matrículas aquí. O número de prazas está limitado a 15 alumnos.

Tamén no MAC da Coruña, os nosos socios Mariana Carballal e Chema Gagino realizarán o curso “Interpretación y Guión para Cine y Televisión” para todos aqueles que queira indagar sobre a relación entre os textos e os traballos de interpretación. Os cursos terán lugar durante 5 sábados seguidos de forma intensiva desde o vindeiro sábado día 20 de setembro e ata o 18 de outubro. O prazo de matrículas está aberto e podedes consultar toda a información aquí.

Igualmente o noso socio Fernando Cortizo impartirá un obradoiro de realización de animación en Stop Motion dentro da Escola O Raio Verde de Compostela. Trátase dun obradoiro integral de 525h que conta ademáis con 90h de prácticas en empresas. Os interesados podedes consultar programa e matrículas aquí.

E xa no ámbito universitario, o noso socio Simone Saibene impartira o curso “Historia e crítica do cinema” na Universidade de Vigo no Campus de Ourense entre o 14 de outubro e o 2 de decembro. Para matricularse no curso ou solicitar máis información hai que chamar ó 988387219.

Compartir