bolsas

Convocadas as bolsas de estudos audiovisuais do Consorcio Audiovisual de Galicia

O Consorcio audiovisual de Galicia, convoca un ano máis, bolsas para a ampliación e perfeccionamento de estudos no eido audiovisual.
Entre os beneficiarios distribuiranse os 30.000€ que ten asignados esta iniciativa.
As axudas cobren ademais dos gastos de matrícula no centro que se seleccione, os gastos relacionados co desprazamento e a estancia dos bolseiros, nas cidades onde realicen a actividade formativa.
Os estudos deberán de realizarse no curso 2009-10 no territorio nacional ou no estranxeiro.
Non se aceptan os cursos on-line, os destinados á obtención dunha licenciatura, diplomatura ou título de doutoramento e os realizados dentro da nosa comunicade autónoma
A convocatoria presentouse o pasado 24 de xullo, e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata 25 de agosto de 2009.

Descarga as Bases da convocatoria para ampliar información (PDF 1,1MB).

Compartir