convenio creatividade galega

Convenio de colaboración con Creatividade Galega

Fai soamente uns días que vimos de firmar un convenio de colaboración con  Creatividade Galega co obxectivo de impulsar e fomentar as relacións profesionais entre os socios de ambas.

O acordo, como vedes na foto, foi por asinado pola nosa vicepresidenta de CREA, Ángeles Huerta e Jaime Conde González, en representación de Creatividade Galega.

Trátase dun acordo marco con tres obxectivos iniciais, que senta as bases dunha relación a longo prazo entre nós e Creatividad e Galega, na que se seguirá profundando e traballando:

- Intercambiar as actividades que organicemos cada un de nós para poder ser compartidas.
- Ofrecer descontos económicos vantaxosas aos socios da outra parte para participar nas diferentes actividades de formación e profesionais organizadas por cada unha das entidades.
- Potenciar as canles de comunicación entre ambas organizacións co fin de que as actividades profesionais desenvolvidas por elas coñézanse e difundan pola outra parte a través dos seus medios habituais (web, newsletter, redes sociais…)

A través da firma deste convenio, buscamos establecer sinerxias e fomentar o networking con outras entidades coas que teñen relación os profesionais do audiovisual e a creatividade publicitaria en Galicia.

 

Compartir