CONECTA-PLUS-CADRADO-logos

CONECTAPLUS O COMEZO DE NOVOS PROXECTOS

CONECTA+  Unha ferramenta necesaria dentro do sector audiovisual galego

CONECTAplus

Longametraxes de cine, series de televisión, documentais, contidos interactivos, audiovisuais educativos, formatos televisivos, tvfilmes, animación, videoxogos, multimedia, vídeoclips… son os proxectos que procuran os produtores e produtoras representantes de importantes empresas galegas e estatais.

ConectaPlus é un encontro de creadores audiovisuais, directores/as ou guionistas, onde dar a coñecer novos proxectos en fase de desenvolvemento. Organizada por CREA, coa colaboración de AGAG Asociación Galega de Guionistas, AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes, AGADIC Axencia Galega das Industrias Culturais, Galicia Calidade e o Concello da Coruña.

Entre as produtoras confirmadas Portocabo, Ficción Producciones, Niu d´Indi, Vizuals Lab, Daruma Producciones, Zeitum Films, Abano Producións, Vaca Films, Corte y Confección de películas, Frida Films, Areca Films, Filmax ou Diagonal.

conecta2015_2

Inscribe o teu proxecto antes do 4 de decembro e participa do encontro

Ata o 4 de decembro está aberta a inscripción de balde de proxectos por parte de  profesionais e estudantes que estean na busca de axuda e apoio para novos produtos audiovisuais.

Cubre aquí o formulario e inscríbete

Trala actividade CONECTA organizada por CREA e AGAG que tivo lugar o pasado mes de outubro, CONECTAPLUS constitúe un segundo chanzo na promoción de novos proxectos e a creación de redes entre creadores/as e produtoras. O 14 de decembro A Coruña acollerá esta xornada que contrará cun #almorzogaliciacalidade no que organizados en encontros de un a un os creadores/as terán reunións con aquelas produtoras na procura de proxectos en desenvolvemento que encaixen na súa liña de produción.

Compartir