conectalogo

CONECTA 2015 o encontro da creación audiovisual

CONECTA, a actividade organizada por CREA, A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia coa colaboración da AGAG, Asociación Galega de Guionistas, e co apoio da Fundación SGAE, reuniu a máis de 70 creadores e creadoras audiovisuais que teceron redes e fortaleceron os proxectos presentados. As propostas presentadas nesta edición foron diversas e de distintos xéneros. Longametraxes de ficción, series de ficción, programas e formatos de televisión, documentais, webseries…

CONECTA consolídase como unha das actividades con maior repercusión organizada dende os colectivos profesionais do audiovisual galego.

conecta2015_1

A satisfacción xeralizada por parte dos participantes é o pouso xeral que nos deixou a terceira edición do CONECTA.

A Fundación SGAE en Santiago de Compostela serviu para este encontro entre profesionais da creación audiovisual. Ao longo da mañá, producironse reunións  individuais  co formato de un a un. Deste xeito os e as guionistas presentaron proxectos recibiron análises e posibilidades de fortalecelos a través dos comentarios realizados polos directores e directoras inscritas.

conecta2015_2

Varios proxectos presentados en anteriores edicións convertéronse en realidade logo do seu paso polo CONECTA. É o caso da longametraxe documental de Ángeles Huerta, “Esquece Monelos”.  Agardamos que o CONECTA2015 sexa o xérmolo para que medren fortes e grandes novos proxectos do audiovisual galego. Pero do que si estamos seguros e seguras é que un ano máis o encontro entre creadores e creadoras audiovisuais voltou servir para coñecernos, compartir inquedanzas, intereses e por suposto, proxectos e novas oportunidades.

Compartir