Interplay 2

Comeza o II Carballo Interplay

Hoxe xoves ven de comezar o II Carballo Interplay, festival dirixido pola nosa socia Sonia Méndez que tras iniciarse sendo o primeiro festival de webseries do Estado, nesta ocasión amplíase para converterse en Festival de contidos dixitais.
Tras a inauguración fixéronse públicos os traballos que realizaron os alumnos durante o Formacip, a sección formativa do Festival que desde inicios de ano realizou un total de 23 obradoiros nos cáis participaron varios socios de CREA e que sumaron un total de 157 matrículas.

Interplay 1
A continuación deu comezo o concurso de webseries. Na presente edición son 42 as producións seleccionadas a concurso, entre elas “Mírame cuando te hablo” do noso socio Veru Rodríguez e “Clases de lo social” dirixida polo noso socio Pablo Cacheda, quenes precisamente protagonizaron na nosa web un 5×5 sobre webseries.
Ademáis da competición o festival complétase cun bo feixe de actividades como a presentación do primeiro filme de Burning Percebes “Searching for Meritxell”, un encontro de labazadas audiovisuais entre os Venga Monjas vs Malviviendo, a actuación do colectivo Poetarras, a presentación dun episodio especial da webserie “Entertaiment”, un Código Fonte audiovisual a cargo de Belén Regueira ou a Clausura a cargo dos Irmáns Lumieira.
E como xa ven sendo habitual, na xornada de mañá venres celebraremos o noso vermut con CREA dentro do Carballo Interplay, onde falaremos de webseries, contidos dixitais ou o que surxa. Alí vos agardamos.
Máis información na web.

 

 

Compartir