logo_CREA_300px

Carta a Nuñez Feijoo da Coordinadora de Asociacións Prof. do Audiovisual Galego [Nota de prensa]

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego quere manifestar:
  1. O seu malestar pola tardanza na resolución sobre competencias do audiovisual, causando un retardo na produción e que están a converter 2009 nun ano negro para o noso sector.
  2. O seu acordo coa decisión que poida adoptar o presidente da Xunta de unificar todas as competencias do audiovisual, tanto as de fomento, como as de promoción e ordenación, nun único organismo.
  3. A convicción total de que este organismo debe estar integrado na Consellería de Cultura.
  4. O seu máis enérxico desacordo con que as asociacións representadas por esta coordinadora non fosen convocadas á consulta nun tema tan importante, e nin sequera recibidas, a día de hoxe, por ningunha das autoridades da Consellería de Cultura ás que se lle solicitou unha entrevista.


Queremos manifestar, ademais, que con esta data solicitamos formalmente unha entrevista co presidente da Xunta, Sr. Alberto Núñez Feijoo, co fin de facerlle chegar persoalmente a nosa posición respecto a un asunto absolutamente decisivo para o noso futuro inmediato.

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego está constituída pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).

Compartir