Tren de la libertad2

Cangas acollerá a prestrea do filme “El tren de la libertad”

Hoxe comeza a XXI Mostra Internacional de Teatro cómico e Festivo de Cangas e na presente edición haberá tamén espazo para o cine con motivo das XVI Xornadas Mulleres en Acción que se celebrará no marco da cita canguesa.
Na presente edición as xornadas contarán con varias representantes de CIMA, a Asociación de Mulleres Cineastas que presentaran mundialmente o seu filme “El Tren de la Libertad”, no que traballaron entre outras cineastas, a nosa compañeira Sonia Méndez e que relata a marcha de miles de mulleres ata Madrid como forma de protestar contra a recente modificación da Lei do Aborto impulsada polo Ministro de Xuztiza, Alberto Ruíz-Gallardón.
O acto que se celebrará o día 5 de xullo no Salón de Actos do Concello de Cangas contará coa presencia de Begoña Piñeiro Hevia representante da Tertulia Feminista Les Comadres,  Pilar Fernández García de Mujeres por la Igualdad de Barrados, e Chelo Loureiro, Productora e Delegada de CIMA para Galicia.
Este será o primeiro pase para o público de “El tren de la Libertad” terá a súa estrea oficial o vindeiro día 10 de xullo proxectándose simultaneamente en varias cidades do Estado.

 

Compartir